fbpx
Mosteiro de Oia / foto turismo.gal

Oia, a xoia cisterciense do Atlántico, será parcialmente restaurada

Tempo de lectura: 2 min.

Un mosteiro cisterciense, de feito un do máis importantes da diocese de Tui, nacido ó pé do mar, terá nos próximos meses nova vida. E é que o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez e o bispo de Tui, Luis Quinteiro, asinaron o pasado martes un convenio de colaboración para a restauración dunha parte do mosteiro de Santa María de Oia, na comarca do Baixo Miño.

O obxecto será restaurar por completo a igrexa do mosteiro, que é propiedade do bispado, actuando sobre as humidades, e preservando as pinturas murais e o seu retablo do século XVII, tratando de evitar o seu deterioro. A finalidade é “reparar, conservar, restaurar e poñer en valor o conxunto do templo”. Para isto, atenderase ós sistemas construtivos como a cuberta, paramentos verticais, bóvedas, pavimentos e carpinterías, tanto polo exterior como polo interior.

Detalle das pinturas de Santa María de Oia / foto Alma CCBy Wikimedia

Tamén se realizarán traballos para o acondicionamento, rehabilitación e mellora dos espazos compartidos pola igrexa parroquial e o antigo mosteiro. Tamén os espazos relacionados e necesarios para a realización das liturxias e as visitas públicas e turísticas. O investimento será de 776.000 euros, cun prazo de execución de 18 meses. Porén non se intervirá nas dependencias monacais, parcialmente en abandono e a día de hoxe en mans privadas.

Monasterio de Oia, foto aérea / foto Saruska CCBy Wikimedia

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...