fbpx
Lavadoiro da Pedreira en Cambados / foto Concello de Cambados

Estragan un lavadoiro en Cambados nun accidente de tráfico

Tempo de lectura: < 1 min.

O lavadoiro da Pedreira na parroquia de Vilariño, en Cambados, sumouse na noite do pasado venres 15 á nómina de elementos patrimoniais estragados por mor do tráfico. Pois unha saída de vía dun condutor que despois se deu á fuga causou especiais danos na estrutura cuberta deste ben etnográfico, derrubando mesmo un dos seus piares de sustento.

Tal e como informou o Concello, os servizos municipais tiveron que apuntalar o teito e acoutar o lugar, pois a estrutura, tras o accidente, quedou en serio risco de virse abaixo. O lavadoiro da Pedreira é un dos varios lavadoiros que foron recuperados xa vai varios lustros en Cambados. As forzas de seguridade, Policía Local e Garda Civil, están a traballar para atopar ó condutor fugado.

Lavadoiro da Pedreira en Cambados / foto Concello de Cambados

 

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...