fbpx
Detalle do cartaz do I Encontro de Banda deseñada Histórica de Galicia

Onde está o monte Medulio, o símbolo da loita dos galaicos contra os romanos?

Tempo de lectura: 2 min.

Unha nova investigación arqueolóxica analiza outra conexión remota entre un castelo e o famoso Monte Medulio, o último reducto dos galegos como relatou Paulo Orosio.

A día de hoxe non hai unanimidade entre os investigadores á hora de situar este enigmático e estratéxico lugar, hoxe todo un símbolo dos galaicos contra a dominación romana. Paulo Orosio dicía que estaba nas partes máis afastadas da Gallaecia (Praeterea ulteriores Gallaeciae partes, quae montibus siluisque consitae Oceano terminantur) preto do río Miño (Minium flumine inminentem). E, cada quen ve o Medulio na súa terra.

Así, algúns din que está nas montañas do concello de Lena outros sitúano no Picu Cervera, no Castro Meduales, en Belmonte de Miranda. Hai quen apunta ao Bierzo, preto das minas romanas das Médulas. E hai quen tira para o Monte Medelo, en Santa Cruz de Arrabaldo, Cabeza de Meda (na Baixa Limia), o monte Aloia (en Tui), Santa Tegra, na Guarda, e máis recentemente no monte Cido, no Courel.

Actuación no castelo de Parada, no Pereiro do Aguiar, onde está a inscripción “sisenata pacata” / FB Xeitura

Castelo de Parada

E, agora, outra ubiación podería ser o Castelo de Parada, no Pereiro de Aguiar. Este xacemento arqueolóxico inclúe unha inscrición en pedra, ‘Sicenata Pacata’, que pode ser traducida como “Vencidos, Pacificados”, o que levou a algúns autores a buscar aquí o Monte Medulio tamén.

Agora o Concello do Pereiro de Aguiar impulsa a investigación e posta en valor do Castelo de Parada, nunha actuación cofinanciada pola Deputación Provincial de Ourense que busca en primeiro lugar confirmar a antigüidade do epígrafe así como xerar un modelado en tres dimensións para garantir a súa conservación futura.

Por iso, estes días, un equipo da empresa arqueolóxica Xeitura está estudando o lugar. Con todo, o arqueólogo director da intervención, Martiño Xosé Vázquez, pide prudencia á hora de aventurar a antigüidade da inscrición “pois todos os materiais recuperados no sitio polo momento relaciónano máis ben co horizonte medieval do xacemento arqueolóxico inmediato coñecido como O Castelo”

Luís Menor, alcalde do Pereiro de Aguiar, destaca que “esta é a primeira das moitas actuacións que temos previstas na zona para converter a ribeira do río Miño que discorre polo noso municipio nun atractivo cultural e turístico. Reivindicándonos unha vez máis como porta de entrada á Ribeira Sacra”.

Pedras onde se atopa a inscripción “sisenata pacata”, no Castelo de Parada, no Pereiro de Aguiar / Xeitura

Pode que che interese...