fbpx
Fonte da antiga aldea de Aceredo, en Lobios, desaparecida e engulida polas augas do encoro de Lindoso / Olívia Sousa

Aldeas sumerxidas: cando as grandes eléctricas asolagaron a vida e lembranzas de centos de galegos

Tempo de lectura: < 1 min.

Xaneiro de 1992. Unha lingua de auga tragou varias aldeas do Xurés galego no medio dunha revolta e dunha forte oposición veciñal que, coma sempre, non chegou a ningures. Desta volta, Goliat gañou a David. Aceredo, A Reloeira, Buscalque, O Bao e Lantemil quedaron sepultados e esquencidos polo encoro de Lindoso.

O convenio internacional, subscrito en 1968 por Franco e Salazar e que procedía xa dos anos vinte para o aproveitamento dos ríos fronteirizos, supuxo o fin para estes núcleos. Estes días, coincidindo co baixo caudal, é posible ver parte das casas de Aceredo, que seguen como outrora, aínda que na auga. Preto, a antiga fonte do pobo, que aínda bota auga polo cano, restos dalgunha rúa, de alpendres e de garaxes con coches que son un monte de chatarra.  A aldea chegou a ter 70 casas e uns 120 veciños que, ou emigraron, ou trasladaron as súas vivendas á beira da estrada N-540. 

A Igrexa salvouse. E tamén foron desenterrados os corpos dos defuntos, pero a auga levou lembranzas milenarias. O 8 de xaneiro de 1992, cando a hidroeléctrica portuguesa EDP pechou as súas comportas e o río, que levaba bastante auga polas choivas empezou a alagalo todo. A xente, desesperada atrincheirouse na igrexa, mentres a Garda Civil tiña que intervir para evitar males maiores ante o aumento do nivel da auga.

Esta é a historia desa aldea á que agora chaman a “Atlántica galega” e que hai 30 anos estaba chea de vida e de felicidade.

E así está hoxe:

Pode que che interese...