fbpx
Maquinaria pesada provoca grandes movementos de terra no castelo de Santiago Aitona, en Salvaterra, unha fortaleza das guerras entre Galicia e Portugal / Lazoiro

Novo atentado con maquinaria pesada contra unha fortaleza BIC das guerras entre Galicia e Portugal

Tempo de lectura: < 1 min.

Asociación Lazoiro denuncia o uso de máquinas pesadas no Castelo de Santiago Aitona en Salvaterra. Este castelo (declarado como BIC con referencia RI-51-0008972 ) trátase dunha fortificación abaluartada realizada en terra no século XVII e situada no lugar do Casal. Esta fortaleza foi construida como parte das defensas de Galicia durante a Guerra pola independencia de Portugal ou Guerra de Restauraçao, entre 164o e 1668.

Esta semana Lazoiro tivo coñecemento da realización de obras de grandes dimensións con maquinaria pesada que afecta a este BIC, trátanse de movemento de terras, tallas de árbores e levantamento dun muro de grandes dimensións. Este ben atópase ctualmente nun estado de abandono por parte da administración e sen ningún tipo de sinalización. Toda a información en Xornal de Vigo.

Pode que che interese...