fbpx
Castro dos Cotarelos / David Fernández Abella vía argología.blogspot.com

Os Cotarelos, a gran estructura defensiva dun castro ártabro

Tempo de lectura: < 1 min.

Hai anos que está catalogado, mais non se deu a coñecer ata hai poucos meses cando a revista ArtyHum levou á súa portada este Castro dos Cotarelos en Dexo (Oleiros). Atopámonos ante un castro que é unha excepción na súa contorna polas súas características detalladas no artigo de David Fernández Abella, experto en arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O castro foi descuberto de forma remota, grazas ás novas tecnoloxías que, como argumenta David Fernández, “complementa y enriquece el trabajo de los profesionales”. A pesar de ser catalogado no ano 2015, este xacemento da Idade de Ferro non foi obxecto dunha prospección arqueolóxica que permita un análise maior ao morfolóxico.

Os Cotarelos, que se sitúa na parroquia de Santa María de Dexo en Oleiros, é identificado como un castro fortificado costeiro típico do noroeste. Aínda así ten unhas características propias que fano aínda máis interesante. Os castros desa zona da costa ártabra adoitan estar dotados de mellores condicións defensivas naturais. A defensa neste tipo de castros costeiros fortificados concéntrase nun só punto, no caso de Cotarelos a defensa atópase en dous terzos do seu perímetro.

Os Cotarelos é unha excepción dentro da norma desta zona costeira galega, mais non é o único caso. As últimas intervencións no Golfo Ártabro mostran unha gran variabilidade de rangos “cronolóxicos, funcionais e/ou evolutivos (…), e a súa gran variabilidade tipolóxica”. “Só unha intervención arqueolóxica no lugar dos Cotarelos podería identificar ou clarificar funcionalidade e cronoloxía de ocupación“, conclúe o arqueólogo da USC.

Pode que che interese...