Aparece un xacemento semellante ao da Roda nas obras do corredor Ferrol-San Cibrao
Mariña Patrimonio puxo sobre aviso á Xunta sobre a existencia en Xove de estruturas circulares moi semellantes ao xacemento da Roda.As obras do corredor Ferrol-San Cibrao sacaron á luz a existencia doutro xacemento singular do que non se tiña noticia, inédito, con aparentes similitudes ao da Roda, o que xa se ocñece como o Stonehenge galego. Foi MariñahPatrimonio quen o puxo en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio este novo achado.
Tras o aviso, a Dirección Xeral de Patrimonio solicitou do equipo de control e seguimento arqueolóxico un informe ao respecto dás características do novo elemento, estado de conservación, posibles afeccións das obras de construción e proposta de medidas que se deberían adoptar. Sen embargo, non se sabe se, polo momento, o xacemento será conservado tal e como ocorreu co da Roda, no que se modificou o trazado da autovía do Cantábrico no concello de Barreiros.