fbpx
Traballos na Cova de Eirós / foto Asociación Cultural do Iribio

Buscan o neardental galego máis antigo na Cova de Eirós

Tempo de lectura: 2 min.

O nivel arqueolóxico máis antigo que se puido datar neste xacemento ten uns 118.000 anos. Por iso, os especialistas esperan atopar máis restos de neardentais.O neardental con máis antigüedade na Cova de Eirós data de hai 84.000 anos pero na última campaña de escavacións alcanzouse o teito doutro nivel máis profundo, superior aos 118.000 anos, e, este é o que se seguirá explorando este ano.

Estas datacións son suficientes para situar a Cova Eirós entre o nove únicos xacementos neandertales coñecidos na península que pertencen ao chamado interglacial OIS 5, un período cálido que se rexistrou entre as dúas últimas glaciacións, entre fai 134.000 e 74.000 anos. Os demais están repartidos polas provincias de Guipúzcoa, Burgos, Valencia, Castelló, Madrid, Guadalaxara e Granada.

Dada a escaseza xeral de rastros dos neandertales temperáns, todos os achados relativos a ese período revisten un singular interese para as investigacións sobre o Paleolítico. Os descubrimentos que se poidan efectuar a partir de agora en Cova Eirós -en niveis dunha antigüidade superior aos 118.000 anos- adquirirán por iso unha relevancia moi especial. Segundo as sondaxes con xeorradar realizados hai xa tempo, por baixo do que se escavou até agora aínda quedan outros dous metros de sedimento até alcanzar o piso de roca nai da cova. O que aínda non é seguro é que estes niveis inferiores conteñan moitas máis pegadas arqueolóxicas dos primeiros neandertais.

No resto de Europa, os rastros dese período son tamén moi escasos e dispersos, e atópanse en Alemaña, Croacia, Eslovaquia, Francia, Grecia e Italia. Os investigadores conceden unha gran importancia aos vestixios desta época, xa que corresponden á transición entre dúas dos grandes períodos culturais da prehistoria remota, o Paleolítico Inferior e o Paleolítico Medio. Durante esta longa etapa desenvolveuse a evolución tecnolóxica que diferencia aos chamados neandertales temperáns -aparecidos fai uns 300.000 anos- dos coñecidos como neandertales clásicos, é dicir, os que viviron entre fai 115.000 e 40.000 anos. A maioría dos xacementos neandertales que se coñecen en Europa e Oriente Medio pertencen a esta última época. Máis en La Voz.

Pode que che interese...