fbpx
Imaxes do trailer de "Verbo na Arraia", libro sobre Xohán Xesús González

O canteiro, xornalista e político que avanzou sobre Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

Presentado en cuntis ‘Verbo na arraia” un libro sobre a vida do activista de Cuntis Xohán Xesús González, asasinado no 36.

Xohán Xesús González, activista republicano asasinado no 36

Xohán Xesús González, activista republicano asasinado no 36

A Casa da Cultura “Roberto Branco Torres”, en Cuntis, acolleu a presentación do libro homenaxe a Xohán Xesús González, titulado “Verbo na Arria“.

Neste traballo, ademais de facer un repaso pola súa vida, obra, creacións culturais e políticas deste cuntiense, medio centenar de persoas achegaron os seus recordos aos 120 anos do nacemento do canteiro, mestre, xornalista, escritor e político que defendeu Compostela, xunto con Terzo de Calo, no levantamento de 1936.

Todos os apartados do libro están rotulados no Verbo Xiso (fala gremial dos canteiro).Esta obra, a todo cor, está editada por Edicións Fervenza e foi maquetada por Martiño Picallo.

Desta obra tamén se fixo un booktrailer que a Asociación O Fervedoiro presentou o 17 de maio. Este é o resultado de meses de gravacións:

Pode que che interese...