fbpx
Reprodución dunha vasilla campaniforme con anaco de hai 6.000 anos atopada no Monte Pindo / Monte Pindo Parque Natural

O Monte Pindo xa ten a súa vasilla campaniforme de 6.000 anos

Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación Monte Pindo Parque Natural acaba de presnetar a primeira fornada da reprodución dunha vasilla campaniforme feita a partir dos fragmentos de cerámica atopados nunha cova do macizo granítico, datadas en 6.000 anos antes da actualidade, no Neolítico.

Segundo informa esta asociación, a reprodución arqueolóxica foi posíbel grazas ao bo facer do ceramista Manuel Miranda, que fixo entrega dunha primeira remesa de réplicas que o colectivo comezará a servir nas próximas datas ás persoas interesadas que participaron na reserva previa na tenda onlinetenda.montepindo.gal.

A entidade veciñal recoñece o excelente traballo do artesán e tamén do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal, que fixeron posíbel esta iniciativa, e valora xa repetir a experiencia con outras pezas cerámicas aparecidas no Olimpo Celta, coma a xerra medieval depositada no Museo do Pobo Galego.