fbpx
Estación de petróglifos Beira da Costa IV, de Porto do Son, moi afectados polos lumes do verán de 2016 / Centro Arqueolóxico do Barbanza

Cales son os efectos do lume sobre o patrimonio?

Tempo de lectura: 2 min.

Milleiros de hectáreas arderon desde o comezo do verán. Unha situación que se repite ano tras ano e á que non é alleo, por suposto, o noso rico patrimonio. E é que nestes últimos meses o lume tamén afectou a numerosos bens, entre eles, petróglifos, igrexas, castros, mámoas ou castelos.

Así, a vaga de lumes do verán afectou a destacados conxuntos patrimoniais, como os petróglifos do Monte de San Miguel na Portela de Villestro, en Santiago de Compostela, o entorno do castro de Baroña, en Porto do Son, a ermida da Peneda, en Redondela, ou a atalaia do Castelo de Monterrei.

E nestes últimos días tamén se soubo que as lapas tamén deterioran seriamente os petróglifos de Caamaño, en Porto do Son. De feito, O Centro Arqueolóxico do Barbanza xa lanzou un SOS por este conxunto de insculturas e alerta de que as 12 que visitaron, sete atópanse moi danadas e mesmo desaparecidas, tanto polo efecto do lume, como da maquinaria pesada que estivo combatendo os incendios.

Un dos petróglifos atopados tras os lumes de Monterrei / Bruno Rúa - FB-Via XIV

Un dos petróglifos atopados tras os lumes de Monterrei / Bruno Rúa – FB-Via XIV

Achádegos

Sen embargo, semella que non todos son efectos negativos. As chamas tamén serviron para descubrir cincopetróglifos en Monterrei, tal e como publicou o historiador Bruno Rúa na páxina de Facebook Vía XIV, dúas semanas despois de que ardera toda a zona.

As tres insculturas están no entorno da ruta Vía XIV, no corazón do Val do Támega. En concreto, atópanse nas inmediacións da localidade da Xironda, no concello de Cualedro. Até o de agora, na comarca de Monterrei había coñecemento de pouco máis de 200 petróglifos, a maior parte de “coviñas”. Sen embargo, tres atopados “son os primeiros con características de arte atlántica na zona”, segundo Rúa.

Pode que che interese...