O Pórtico da Gloria xa se pode ver en 3D
As obras do Pórtico da Gloria aínda non remataron pero xa pode visitarse, aínda que sexa a través de 3D. E é que a Fundación Catedral de Santiago realizou a dixitalización e creación de réplicas virtuais de pezas do Mestre Mateo, unha actuación vinculada á exposición ‘Mestre Mateo no Museo do Pardo’.
Segundo informou a fundación, o obxecto deste proxecto foi documentar o estado actual das pezas para que sirva de axuda na súa conservación, ademais da posibilidade de ser utilizadas para a divulgación das pezas orixinais mediante galerías interactivas 3D, vídeos, contido online ou publicacións.
Os traballos realizáronse a partir de máis de 2.300 fotografías e foron desenvolvidos pola empresa Dogram Enxeñaría de Documentación Tridimensional.