fbpx
A cassa de Man, en Camelle, no 2005 / acostadamorteenpocaspalabras

Camelle organiza un roteiro para coñecer a figura e a obra de Man o alemán

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Camariñas prepara varias actividades durante o vindeiro mes de abril relacionadas con Man, o alemán de Camelle. Os sábados 8 e 15 de abril levarase a cabo a actividade “Descubrindo a Manfred Gnädinger”, un roteiro de catro quilómetros para coñecer o legado do artista. A saída está prevista para as dez da mañá no Museo de Man e rematará despois das dúas da tarde no xardín museo que construíu o artista.

Haberá unha visita guiada polo Museo Man de Camelle e ás 12.30 horas está prevista a proxección do documental “Man home sen paz”, premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental 2010. Ás 13.45 haberá unha visita ao museo ao aire libre, antes de rematar a camiñata. O precio da excursión é de un euro, excepto para os nenos menores de oito anos e as persoas con discapacidade, que será gratuíta. As persoas interesadas deberán de inscribirse previamente nos teléfonos do Museo do Alemán ou no correo divulgacion.museoman@gmail.com.

Exposición no Museo do Alemán

Ademais, e como recolle a web QPC, desde o 12 de abril ata o 1 de maio no Museo do Alemán poderase visitar a exposición que leva por título “Coidando o noso mar”, pola que se pretende sensibilizar a población da importancia de coidar os recursos naturais. Estará aberta de martes a xoves de 10 a 14 horas, mentres que as fins de semana estará en horario de mañá e tarde. Nas vacacións de Semana Santa tamén estará aberta de mañá e tarde. Tal e como xa contou HdG, o Concello tamén rehabilitará a casa onde viviu este polifacético artista.

Pode que che interese...