fbpx
Petróglifo Pena da Arca, que se atopa a 50 metros do Concello de Cervo / Mariña Patrimonio

Atopan un petróglifo sen catalogar a 50 metros do Concello de Cervo

Tempo de lectura: < 1 min.

Novo petróglifo atopado en Cervo e denominado Pena da Auga / Mariña Patrimonio

Mariña Patrimonio vén de solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio a inclusión no Catálogo de Xacementos Arqueolóxicos dun petróglifo situado no lugar de Pena da Arca, xusto a cincuenta metros do Concello de Cervo.

O petróglifo está formado por varias cazoletas ou coviñas ( arredor de quince) e por varios sucos, dos cales algúns rodean as coviñas formando círculos concéntricos.

Mariña Patrimonio confía en que Patrimonio non demore a inclusión deste novo achado no Catálogo de Xacementos, o que permitirá garantir a súa protección. Así mesmo, esta asociación agradécelle a Pilar, a veciña que descubriu as gravuras rupestres, por terlles informado sobre a existencia deste novo xacemento que se suma ao xa importante patrimonio arqueolóxico do Concello de Cervo.

Pode que che interese...