fbpx
Semana Santa de Cangas / Turismos Rías Baixas

Outra Semana Santa, a de Cangas, declarada festa de interese turístico de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A Semana Santa de Ferrol, de Viveiro, de Cangas, de Paradela (Pontevedra), do Santísimo Cristo de Fisterra e, agora, a de Betanzos. Todas elas son festas de interese turístico de Galicia. Así o confirmaron este martes, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, tras unha xuntanza coa directiva da Confraría da Semana Santa de Betanzos.

Durante o encontro, a Xunta informou de que se puxo en valor o potencial desta celebración, que ano a ano reúne a miles de veciños da localidade e visitantes, e que conta con “unha gran tradición” na comarca, que nos últimos anos “ampliou considerablemente” o número de pasos, procesións e participantes.

Unha celebración na que destaca a súa procesión de Domingo de Ramos, as conmemoracións do Xoves Santo e Venres Santo, e a “especial beleza” da procesión coñecida como ‘Os Caladiños‘. “Valores todos eles que, xunto á súa tradición, singularidade, arraigamento e valor cultural, a fan merecedora deste novo recoñecemento como festa de interese turístico de Galicia”, suliña a xunta. Un recoñecemento que se atopa nas súas últimas fases, só pendente da aprobación no Consello da Xunta.

Pode que che interese...