fbpx
Parte do mural ‘Vista de A Coruña 1669’, de urbano Lugrís / Abanca

Portus Magnus Artabrorum, unha posible sinatura de Urbano Lugrís

Tempo de lectura: < 1 min.

Que significan as siglas P.M.A., que o pintor Urbano Lugrís escribiu xunto a súa sinatura no mural que está na rúa Real 74-76 da Coruña e do que xa falamos en HdG?.

Sinatura de Urbano Lugrís no mural da Coruña

Rodrigo Osorio, letrado na Administración de Xustiza da Coruña e divulgado, acaba de publicar no seu blog un artigo no que apunta unha nova explicación que contrasta coa dada por Rubén Ventureira Novo, comisario da exposición Lugrís, paredes soñadas.

Segundo Osorio, as siglas P.M.A fan referencia ao Portus Magnus Artabrorum (denominación clásica do golfo Ártabro). Así, suliña que este fresco estaría destinado a ser visto onde foi pintado porque “é un evidente retrato do golfo Ártabro”. “E este ben pode ser o verdadeiro título fronte ao defendido até o momento por Rubén Ventureira”, indica.

Lugrís xa utilizou siglas como unha localización do lugar de elaboración das súas obras, como fixo con Monstro Mariño-oleo sobre táboa de 1963- ou un deseño adicado a Álvaro Cunqueiro Mora que publicou Vida Gallega en 1956.

Pode que che interese...