fbpx
Imaxe da App da Máquina do Tempo do Consello da Cultura

Unha App gratuíta recrea como o bispo Gonzalo rematou con toda unha armada de viquingos

Tempo de lectura: 2 min.
A celebración este 16 de novembro do Día do Patrimonio Mundial #DiadoPatrimonio, ademais de numerosas actividades organizadas pola Rede do Patrimonio Cultural (RPC), trouxo tamén a presentación dunha interesante App.
 Trátase da Máquina do Tempo, unha App gratuíta presentada polo Consello da Cultura, dispoñible para as principais plataformas móbiles que pon en valor o patrimonio moble de Galicia dun xeito innovador.
 A app ofrece a posibilidade de explorar cinco obxectos de cinco períodos históricos distintos, custodiados en diferentes centros de memoria de Galicia. O vaso campaniforme de Vilavella (Universidade de Santiago de Compostela) lévanos á Prehistoria; o bronce votivo (Museo de Pontevedra) introdúcenos no mundo da relixiosidade da Idade do Ferro; o báculo e o anel do bispo Gonzalo (San Martiño de Mondoñedo) permítenos recrear unha coñecida lenda medieval que relata como este bispo destruíu unha armada viquinga; a Virxe Abrideira de Allariz (Museo de Santa Clara de Allariz) trasládanos ao mundo das Cantigas de Santa María e o cartafol de documentos lévanos á Galicia da Ilustración, onde seguimos Vicente Álvarez de Neira polos sotos do Arquivo do Reino de Galicia na procura dun curioso documento.

Anel do bispo Gonzalo / Consello da Cultura Galega

Tecnoloxías emerxentes

 A Máquina do Tempo combina dúas tecnoloxías emerxentes: a realidade aumentada e a realidade virtual. A realidade virtual permítelle ao usuario explorar a través do seu teléfono e en calquera lugar importantes pezas custodiadas nas institucións de memoria de Galicia. A realidade virtual, a través dunhas gafas especiais, permítelle simular unha viaxe no tempo ata a época na que eses obxectos eran empregados, experimentando espazos, persoas e sons do momento.
 Tal e como suliñou Manuel Gago na presentación, o desenvolvemento da app A Máquina do Tempo levou máis dun ano e involucrou un equipo de máis de vinte persoas de diferentes ámbitos, desde especialistas en diferentes periodos históricos ata programadores, deseñadores, dixitalizadores de patrimonio ou dobradores.
 A recreación de todas as épocas seguiu un coidadoso proceso de documentación e de recreación, e durante as vindeiras semanas iranse explicando en reportaxes como foi construída a ambientación de cada unha das épocas.
 Un experimento educativo
 O Consello da Cultura Galega está a desenvolver esta potente ferramenta no ámbito educativo, onde considera que pode ter un gran potencial para conectar aos estudantes coa cultura e a Historia de Galicia. Iniciouse un programa experimental con profesores de ensino secundario de Galicia de diferentes áreas e ámbitos (rural e urbano, norte e sur de Galicia) para implicar aos rapaces e rapazas no uso da Máquina do Tempo e na creación de novos contidos, fomentado a súa participación no futuro da app.
 URL DO WEB OFICIAL:
DESCARGA PARA ANDROID:
DESCARGA PARA IPHONE:
IMAXES E AUDIOS EN ALTA RESOLUCIÓN

Pode que che interese...