fbpx
Arquitectura popular galega / RTVE

Coñece a arquitectura popular de España en Ribadavia

Tempo de lectura: < 1 min.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugurou hai uns días a mostra ‘Miradas a la arquitectura popular en España. Colección fotográfica de Carlos Fuentes’, producida polo Museo Etnográfico de Castilla e León e que se poderá visitar ata o vindeiro día 28 de febreiro.

A partir dunha selección de imaxes da colección de Carlos Flores (arredor de 7.000 negativos), creouse unha instalación mixta, articulada en cinco seccións temáticas nas que se mesturan proxeccións audiovisuais, fotografías e soporte textual, que chega agora a Galicia.

Carlos Flores

O Museo Etnográfico de Castilla y León custodia o arquivo fotográfico do arquitecto Carlos Flores (autor da obra de referencia Arquitectura popular española). Nado en Cuenca, en 1928, obtén o título en Arquitectura e o grao de doutor en Madrid.

A súa obra Arquitectura Española Contemporánea (1961) contribuíu á consolidación do Movemento Moderno en España e deulle o recoñecemento profesional dentro e fóra de España. En 1973 publica Arquitectura Popular Española, obra en cinco volumes na que ao lado dunha tese socioeconómica propia acerca da arquitectura tradicional, inclúe un extenso apartado gráfico que desde a mirada do arquitecto constitúe unha achega de necesaria consulta para o etnógrafo.

Pode que che interese...