fbpx
Hórreo en Cabana de Bergantiños / foto Historia de Galicia

O alcalde de Cabana ante a xustiza por mover un hórreo

Tempo de lectura: 3 min.

Cándoas é se cadra unha das maiores parroquias do Concello de Cabana, un concello eminentemente rural. A pequena aldea de Cándoas conserva un rico patrimonio etnográfico sobre todo ó redor da súa igrexa parroquial, que os veciños conservan na medida do posible. Fai un fregueses de Cándoas demandaron agrandar o seu camposanto e, trala aceptación do o arcebispado, se construíu unha fermosa ampliación con nichos en cantería e acabados en cachotería, mármore e adoquín. Mais o novo camposanto precisaba  á súa vez un novo aparcadoiro e o Concello aproveitou uns terreos baleiros á beira para dar servizo o cemiterio e crear unha pequena praciña con singulares vistas á desembocadura do Anllóns.

Mais nestes terreos, que en tempos serviran como anexo á parroquia, había varios elementos etnográficos dunha certa importancia: un galpón e dous hórreos, aparentemente da mesma época. Mais a construción do aparcadoiro e praza precisaba dun pequeno desmonte e, aínda que o galpón quedaba fora da área da intervención un dos hórreos tería que ser movidos para poder executar o proxecto. Así que un deles foi desmontado e puido procederse á construción da praza. A obra, cun determinado criterio estético, implicaba a colocación dun deles nun lugar central da praza, mentres o outro non aparecía en absoluto no proxecto rematado.

Hórreo en Cabana / foto Historia de Galicia

O problema, é que como Ben de Interese Cultural que son todos os hórreos, é preciso pedir autorización á Dirección Xeral de Patrimonio tanto para desmontalos como para movelos, debendo concederse tan so en casos excepcionais. A lei galega de Patrimonio Cultural o deixa moi claro. Máis tamén a razón pois este tipo de Bens de Interese teñen unha orientación determinada por mor da súa función de aireación do grao de millo, que depende única e exclusivamente do movemento do aire en cada lugar. Mais semella que o Concello de Cabana, responsable da obra, nunca chegou a solicitar permiso a Patrimonio incurrindo por tanto o seu responsable nun delito contra o patrimonio.

Así, o pasado mércores 21 de marzo pola tarde o alcalde José Muíño foi citado a declarar no cuartel da Garda Civil de Ponteceso xunto con outras seis persoas por mor deste delito. De feito o propio luns 19 de marzo foi o propio Seprona o que pasou a rexistrar dependencias municipais investigando o posible movemento destes dous cabazos. A obra desenvolvida no ano 2015 levaba o título de Adecuación de praza pública en Candoas (2ª fase) e implantación de hórreo en finca. Un dos cabazos sobre os que se fixo a praza, segundo parece non se tocou, pero o outro foi retirado pedra a pedra a unha localización que aínda non se coñece.

Hórreo en Cabana / foto Historia de Galicia

Foi dende a Asociación Ambiental Petón do Lobo quenes deron conta da desmontaxe e desaparición do cabazo e o notificaron a Dirección Xeral de Patrimonio, o considerar a protección que teñen estes elementos tradicionais. Así, despois da desfeita, diversas entidades de Cabana, entre elas a propia Petón do Lobo, Salvemos Cabana, Cova Crea e Ouriol do Anllóns solicitaron a dimisión do alcalde, do Partido Popular o considerar un feito moi grave a investigación que está a levar a cabo o Seprona en relación ó patrimonio de Cabana.

Pode que che interese...