fbpx
Castelo de Sobroso / Galipedia

A pantasma Sancha, guía no Castelo de Sobroso

Tempo de lectura: < 1 min.

A pantasma Sancha, figura que segundo a tradición existiu no Castelo de Sobroso, é a encargada de exercer de guía na visita teatralizada que estes días están tendo lugar no Castelo de Sobroso, en Mondariz.  Trátase dunha visita dinámica e participativa na que as persoas deberán axudar a Sancha a cumprir o seu soño, escapar do castelo para viaxar”, explican desde a Deputación de Pontevedra.

As visitas teatralizadas ao castelo comezaron este fin de semana cun cheo “absoluto” e coas 80 prazas cubertas en poucas horas desde a apertura do proceso de inscrición. Por este motivo, a Deputación impulsou catro novas sesións que se ofertarán, en primeiro lugar, ás persoas que quedaron sen praza nas primeiras quendas

O prazo para participar no catro novas sesións das visitas teatralizadas abre a partir das 09,00 horas deste luns, segundo o ente provincial.  Así, as quendas, que se realizarán ás 12,00 horas e ás 17,00 horas dos días 23 e 30 de xuño, cubriranse por orde de chegada das solicitudes ao correo electrónico ‘paseapontevedra@gmail.com’ e neles poderán asistir un total de 80 persoas.

As prazas restantes poranse a disposición das persoas interesadas a partir deste luns. Neste ámbito, os interesados deberán indicar o seu nome completo, o seu DNI e o seu teléfono de contacto.

Pode que che interese...