fbpx
Socastro, no concello de Rois / foto santiagoturismo.com

Un grupo de voluntarios recupera un ano máis o castro de Socastro en Rois

Tempo de lectura: < 1 min.

A 10 quilómetros escasos da romana Iria Flavia e a outros escasos 15 do mosteiro de Toxosoutos, no concello de Rois, na parroquia de Hergogo, atópase o castro de Socastro. Un dos máis singulares da zona e seguramente o máis importante do concello, o de Socastro é un singular enclave que chega a acadar ós 125 metros de diámetro e con altas murallas de ata 5 metros de alto. O de Socastro destaca ademais pola actividade que se desenvolve nel, pois todos os anos, dende fai xa máis dunha década se desenvolven no lugar campamentos arqueolóxicos.

A finalidade, descubrir cada ano espazos do castro que non son accesibles e facelo día a día máis coñecido e visitable. É por isto que ano tras ano se están a organizar campamentos para rapaces de entre 18 e 30 anos nos que habitualmente se fan tarefas de escavación , limpeza, siglado, rexistro e debuxo arqueolóxico. Este ano estarán ata o día 13 de agosto e contarán coa supervisión de Iago Pérez, director do campo e do arqueólogo David Fernández.

Os voluntarios que proceden de países como México, Italia, Francia, ou de diversas localidades de España como Málaga, Alicante, Salamanca, Álava, Asturias ou serán os encargados de sacar á luz un ano máis novas partes do poboado. Desenvolverán ademais actividades culturais complementarias, obradoiros de cerámica e de música galega así como asistirán a festas e foliadas e gozarán de visitas guiadas polos concello da contorna.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...