fbpx
Via Láctea coa catedral de Santiago en primeiro plano. Camiño de Santiago / reydaluz.com
Via Láctea coa catedral de Santiago en primeiro plano. Camiño de Santiago / reydaluz.com

Sabes cal é outro dos grandes tesouros ocultos que ten a Catedral de Santiago?

Tempo de lectura: 2 min.

Un dos grandes tesouros do Museo da Catedral de Santiago de Compostela é a súa colección de tapices e artes textis. Nela se conservan pezas únicas no contexto peninsular, na súa maioría procedentes do legado do caengo Pedro Acuña y Malvar, quen ocupara importantes cargos nas cortes dos reis Carlos III y Carlos IV. Tamén cunha extraordinaria colección de vestiduras de liturxia procedentes da propia catedral.

A colección está composta por máis de cen pezas, comprendidas entre os séculos XVI e XVIII, de diferentes procedencias. Os máis antigos foron cosidos en talleres flamencos entre os séculos XVI e XVII, seguindo cartóns de Rubens ou Jordaens. Tamén conserva xoias da Real Fábrica de Tapices de Madrid con pezas de Teniers, José del Castillo, Zacarías González ou unha sala monográfica integramente dedicada ós de Francisco de Goya. A colección complétase cunha cunha extraordinaria colección de vestiduras e ornamentos de liturxia de entre os séculos XVI e XIX.

60.000 para a unha nova iluminación

Esta colección exponse de xeito permanente nas chamadas Salas da Balconada, no edificio do claustro da catedral, no seu último andar. Estas salas estreaban a pasada semana unha renovación da instalación eléctrica e unha nova iluminación. O obxectivo é traer o presente o discurso expositivo deste legado excepcional, mellorando a apreciación das obras, así como a súa conservación, xa que se trata de pezas delicadas que precisan unhas condicións especiais.

Na obra instaláronse novos proxectores led, regulables en intensidade, e con ópticas adaptadas ás necesidades de cada peza. Tamén se renovaron os sistemas de control e seguridade e renovándose toda a instalación eléctrica. O investimento da obra foi próxima ós 60.000 euros financiados pola Fundación Catedral e a Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia e o INEGA. A obra foi desenvolvida polas empresas Lumiled renovables e Erco.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...