fbpx
Fábrica de Luz / foto Comarca de Mondoñedo Unida

Recuperando as vellas “fábricas de luz” que trouxeron a electricidades as vilas e aldeas galegas

Tempo de lectura: 2 min.

As obras de rehabilitación da antiga Fábrica de Luz de Mondoñedo comezan a deixarse notar. E é que é posible ver xa os muros rehabilitados e a cuberta completamente reconstruída, así como portas e fiestras en proceso de substitución. Vense tamén as obras de arranxo da pista de acceso que dan paso tamén ás fervenzas de Tronceda.

A recuperación da Fábrica de Luz de Mondoñedo, edificada entre 1893 e 1906, e promovida por Electricista Mindoniense, era un dos proxectos de rehabilitación que o anterior consistorio, dirixido por Elena Candiá, estaba a desenvolver na vila. Pois, se nos pasados días se inauguraba un Museo da Imprenta na vila, se as obras continúan ó mesmo ritmo, poderá verse moi pronto tamén outro dos grandes elementos do patrimonio industrial.

Fábrica de Luz / foto Comarca de Mondoñedo Unida

E é que en xuño de 2018 o Concello de Mondoñedo chegou a un acordo coa actual propietaria das instalacións, Nexia Renovables, no que a empresa cedía a antiga industria ó Concello por un período de 25 anos. A empresa cedía o uso o mesmo tempo que, segundo o convenio, tamén colaboraría con financiamento para a recuperación do importante conxunto de máquinas que aínda a día de hoxe se atopan no seu interior.

Agora os traballos correspondentes con esta primeira fase do proxecto, están a avanzar a bo ritmo e agárdase que unha vez rematados, se poida proceder a recuperar os legado industrial e a musealización do conxunto. Para Elena Candiá o obxectivo era poñer en valor un conxunto tanto industrial como natural -no entorno dunha praia fluvial e unha fervenza-, pola que tamén pasa a ruta de Leiras Pulpeiro.

Mondoñedo / foto dkatanaCC0

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...