fbpx
Edificio Castromil en Construcción en 1925 / foto Consorcio de Santiago de C.

Vídeo: Así foi como se derrubou un dos grandes edificios históricos de Compostela

Tempo de lectura: < 1 min.

Entre setembro e outubro de 1975 e en medio de protestas veciñais as máquinas entraron na compostelá praza de Galicia para deixar o antigo edificio da empresa Castromil convertido en escombros. Era un edificio modernista, unha xoia do século XX da cidade, deseñado en 1922 polo arquitecto Rafael Gómez Villar. O edificio foi unha verdadeira perda na cidade, pois con el se derrubaba un dos máis significativos edificios do epicentro da modernidade na cidade.

Foi Euloxio R. Rubial e o Equipo Lupa, pioneiros do cinema na década dos setenta, quenes recolleron o testemuño desta histórica perda. No filme O edificio Castromil (1975), proxectado no pasado festival de Curtocircuito da cidade de Santiago de Compostela, puideron verse integramente, de maneira pública, en pantalla grande e despois de máis de corenta anos as imaxes do histórico derrube.

 

 

No pase amosáronse tamén outras pezas como A rapa das bestas (1972), filmada en Candaoso, Viveiro, O Corpiño (1973), filme da popular romaría ou Peliqueiros (1973), documento sobre o entroido de Laza.

O Equipo Lupa, foron pioneiros do cinema documental en Galicia. O equipo, formado ó redor da compostelá Asociación Cultural O Galo, tiña como obxectivo a creación dun sistema de expresión e comunicación cinematográfico en galego e que prestaba atención preferente á documentación da cultura tradicional.Nel participaron creadores como Euloxio R. Ruibal, Félix Casado, Clemente Crespo ou Roberto Vidal Bolaño.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...