fbpx
Oconselleiro de Medio Rural, José González, e o director de Agacal, Manuel Rodríguez Vázquez, no pazo de Quián / xunta.gal

A Xunta gastará dez millóns en converter un pazo nun “escaparate” do rural galego, mentres hai déficits en numerosos museos

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta destinará 10 millóns de euros nos próximos anos para converter o pazo de Quián e a súa leira de case 100 hectáreas con diversas edificacións -en Sergude, no municipio de Boqueixón (A Coruña)- nun “escaparate” do rural galego. Unha cantidade de diñeiro que ben podería ir destinada a mellorar algúns dos maltreitos museos existentes en Galicia.

Queremos  convertelo nun espello do mellor que se ten no rural galego concentrado no mesmo lugar, cunha formulación integral a nivel agrícola, gandeiro e forestal. Todo iso nunha contorna que axuntará a formación, os negocios e o turismo”, suliñou.

En próximos días abrirase un concurso de ideas para que un equipo multidiscliplinar -de arquitectos, enxeñeiros e paisaxistas- “deseñen este espello do rural do futuro“. Os interesados terán tres meses para presentar a súa proposta. Despois fíxase en seis meses o prazo de redacción co obxectivo de que estea listo no verán de 2020, coa vista posta en comezar a desenvolvelo a partir de 2021. Toda a información en 20minutos.

Pode que che interese...