fbpx
Camiño de acceso ao Castro de Baroña desfeito / Foto Ría de Noia

Así é a suposta recuperación polo propio madeireiro do destruído camiño do castro de Baroña

Tempo de lectura: 2 min.

“Non creo que os autores actuasen con mala intención; pero nestes casos hai que traballar con moito coidado”. Esta é a declaración de Luis Oujo, alcalde de Porto do Son, do Partido Popular, en declaracións a El Correo Gallego. “Con todo, creo que non se danaron as pedras”, engadía.

E é que, segundo publica  o xornal, o responsable da tala tería xa desenvolvidos os traballos de acondicionamento do camiño danado, de novo sen a supervisión da Dirección Xeral de Patrimonio. Agora, segundo se publicaba, agárdase a revisión polo arquitecto municipal e máis por parte de Patrimonio.

Na publicación amosábase tamén a imaxe do novo estado. Nela pódese comprobar como aparece o camiño cuberto de terra pero no que non se poden apreciar o estado da pedra, ou se esta efectivamente foi estragada ou removida. No artigo amosábase tamén a preocupación do rexedor e a súa intención de pórlle freo nun futuro ós estragos producidos polas madeireiras.

Camiño do Castro de Baroña tras a recuperación feita pola propia madeireita / Foto C. El Correo Gallego

Denuncian tamén un peche ilegal

O Concello de Porto do Son abriu tamén un expediente por un peche ilegal no lugar. Fíxoo tras unha visita ós destrozos, denunciando tamén a dirección Xeral de Patrimonio esta intervención non autorizada na zona de protección do castro. O feche, cun portalón metálico e estruturas de madeira, atópase nunha parcela con dereitos de servidume sobre os accesos do castro.

 

Pode que che interese...