Aparece un vídeo inédito que recolle a vida nas pallozas dos Ancares | Historia de Galicia
Pallozas / frame do vídeo

Aparece un vídeo inédito que recolle a vida nas pallozas dos Ancares

Tempo de lectura: < 1 min.

A etnografía galega e berciana ten unha nova fonte histórica. Trátase dun vídeo filmado polo etnógrafo Jesús Álvarez Courel no ano 1986 e que foi recuperado nos últimos días pola Biblioteca Municipal de Ponferrada. O vídeo, que fora feito máis de tres décadas atrás, fixérase por encargo deste Concello e atopábase esquecido entre os fondos da Biblioteca Municipal.

O achado ten un espacial interese pois nos amosa como eran estas construcións fai máis de trinta anos, cando aínda estaban habitadas e antes de que moitas desapareceran. No vídeo recóllese non só o patrimonio artístico senón os usos e costumes ó redor da vida na edificación. O vídeo, que está narrado polo director do Teatro Bergidum de Ponferrada, Miguel Ángel Varela, pode verse agora dende a plataforma YouTube.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: