Coñece a través dunha serie de vídeos como era a relixión mitreica do Lugo romano | Historia de Galicia
Domus do mitreo / foto adomusdomitreo.com

Coñece a través dunha serie de vídeos como era a relixión mitreica do Lugo romano

Tempo de lectura: < 1 min.

Nun pequeno templo ó pé do que sería despois a Porta de Santiago da Muralla de Lugo. Alí se desenvolvían cultos a Mitra, un deus de orixe persa que pasou ó imperio romano e que, como deus da luz solar, foi un dos de maior devoción das provincias occidentais do Imperio dende o ano 60 a. C.

En Lugo conservouse en moi bo estado un tempo a este deus, que dende vai xa varias décadas atópase musealizado ó pé do edificio do vicerreitorado da Universidade de Santiago de Compostela. É a chamada Casa do Mitreo, e ademais de ser un achado arquitectónico de primeira magnitude serviunos para entender as crenzas relixiosas da cidade antes da adopción do Cristianismo.

E é que comprender dende a nosa perspectiva eses ritos e crenzas. Ese é o obxectivo dunha serie de vídeos que a USC puxo a disposición do público e que pretenden servir para interpretar e coñecer a arquitectura, os usos e funcións da domus romana e a súa relación co contexto de Lucus Augusti. Tamén as particularidades do importante culto ó deus Mitra. Podes atopar todos os vídeos neste link.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: