fbpx

A Cova dos Mouros acollerá investigacións arredor das súas pinturas prehistóricas

Tempo de lectura: < 1 min.

En xullo de 2017 localizáronse unhas pinturas prehistóricas na Cova dos Mouros, situada no concello lucense de Baleira. Agora, as pinturas volverán ser obxecto de estudo, grazas a unha colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia e a Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Con esta nova intervención, preténdese cuantificar e documentar as pinturas, consideradas Ben de Interese Cultural. Para levar a cabo os traballos, xa se realizou previamente a limpeza do lugar, para facilitar o acceso, así como a documentación das pinturas e a estimación das posibilidades de deterioro que puideron sufrir. É por iso que tamén se propoñen accións de protección que permitan unha mellor conservación do complexo.

Ata o de agora, están documentados 11 paneis pictóricos, formados por diferentes figuras vermellas, como barras, semicírculos e algunhas representacións antropomorfas. En anteriores traballos, realizados no 2017 e 2018, axudaron a confirmar a presenza de ocupación humanas na Cova dos Mouros, así como a localización das primeiras pinturas.

Esta nova actuación está coordinada polo catedrático da USC, Ramón Fábregas, e dirixida polo profesor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Ademáis, un equipo multidisciplinar de especialistas en restauración arqueolóxica colabora na intervención. Alumnado e profesorado da USC tamén participa activamente, pois trátase dun proxecto que funciona como unha actividade práctica de docencia-aprendizaxe.

Pode que che interese...