fbpx

Boborás acolle novos traballos arqueolóxicos que poñen en valor o seu pasado

Tempo de lectura: < 1 min.

O Castro de Cameixa é escenario de novas escavacións, que buscan sacar a luz nova información arredor do xacemento. Co inicio desta nova intervención, xa son 5 as ocasións que nas que se buscan novas pegadas do pasado galaico no xacemento de Boborás.

A primeira intervención tivo lugar nos anos 40, da man dos arqueólogos Florentino Cuevillas e Xaquín Lourenzo, Xocas. Agora é o arqueólogo Jorge Lamas quen coordina as novas escavacións, despois de facelo no 2021, ano no que atoparon diferentes pezas cerámicas, fíbulas e colares catalogadas dos séculos I a. C. e I d. C.

No lugar xa comezaron as labores de limpeza de vexetación, que verán seguidas de escavacións nunha superficie de 100 metros cadrados. “Agora acometeremos novas excavacións na parte noroeste do ángulo sureste no que xa as tiñamos comezadas”, indicou Lamas. O obxectivo principal desta campaña é a exhumación de parte dos restos descubertos nas intervencións anteriores, incluídas as levadas a cabo por Cuevillas e Xocas.

Ademais, tamén se proxecta levar a cabo un diagnóstico e a consolidación das estruturas que saian á luz, así como a elaboración de contido audiovisual que axudará nas diferentes fases que se desenvolvan no recinto arqueolóxico.

A Consellería de Cultura destinou máis de 16.000 euros para esta intervención, que, como o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, demostran “o compromiso da Xunta coa posta en valor do patrimonio cultural e coa conservación dos diferentes restos arqueolóxicos da provincia de Ourense”. Máis información en La Región.

Pode que che interese...