fbpx

O Castro de Viladonga celebra os 50 anos das primeiras excavacións

Tempo de lectura: < 1 min.

No 1971 comezaban as escavacións no Castro de Viladonga, baixo a supervisión de Manuel Chamoso Lamas. Iniciábase esta intervención 60 anos despois de que no lugar aparecera un torques de ouro, un obxecto que foi trasladado por aquel entón ao Museo de Lugo.

Agora, unha exposición no Museo de Viladonga recolle os 50 anos de historia de escavacións e traballos arqueolóxicos, achegándolle ao público información arredor das campañas que nel se desenvolveron. Na mostra amósanse tamén as fotografías da colaboración dos veciños nas escavacións, unha mostra da importancia que tiveron a nivel social e cultural.

Diferentes paneis repasan as escavacións que se fixeron durante as cinco décadas e todos os achados que se foron atopando nelas, como as moedas do s. IV (Baixo Imperio) e outros restos cerámicos, os primeiros obxectos que saíron á luz coa campaña de 1971.

Dentro da historia do complexo arqueolóxico destaca a inauguración do Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, no 1986, e a creación 3 anos despois da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga. Durante estes anos fóronse asociando outros nomes aos do lugar, como os dos arqueólogos Felipe Senén López e Felipe Arias, directores do museo.

Nos anos 80 e os 90 sucedéronse os traballos de limpeza do recinto, mais tamén as escavacións, pero sería co cambio de século cando cambiaría a maneira de levar a cabo as diferentes intervencións, a partir de entón incorporándose novas tecnoloxías. Nestas tarefas destacaron a labor de empresas como Axa, Bic ou Terra Arqueos. A tecnoloxía 3D foi unha das últimas en incorporarse, permitindo que ase atopasen un alxibe e os restos dun empedrado, así como obxectos como un machado de bronce. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...