fbpx

O Festival Laeros devolve á prehistoria a Campo Lameiro

Tempo de lectura: < 1 min.

Este 21 de agosto o concello de Campo Lameiro reivindicou o municipio como a capital galega da arte rupestre, a través do Festival Laeros. Con esta xornada, que definen como o festival da arte rupestre, púxose en valor o lugar como un destino turístico e arqueolóxico de gran importancia na comunidade.

Para iso realizaronse dúas excursións para visitar os petróglifos do Castro de Penalba, Campo de Matabois e Chan da Lagoa. Mais a programación que oferta o Festival Laeros tamén ofrece unha exhibición metalúrxica, unha recreación dunha aldea da Idade do Bronce, exhibicións de cestaría a base de cereal e obradoiros de pintura, graffitis e caza.

O Festival Laeros estivo organizado polo Concello de Campo Lameiro, coa colaboración do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), e nos diferentes obradoiros e actividades participan outros organismos como a empresa de divulgación Árbore Arqueoloxía ou a Asociación de Recreación Histórica Tir Na N’og. Destacou tamén a presenza do actor Suso Martínez, quen levou a cabo a visita caracterizada do investigador e arqueólogo Sobrino Buhigas.

Para promover a arte rupestre na contorna tamén se organizou un evento gastronómico bautizado como “Comida prehistórica”, que se puido degustar no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre. A isto súmaselle un premio de 200 euros en vales de consumo en establecementos do comercio local de Campo Lameiro para a mellor vestimenta de época. Dende a organización animaron a todos os asistentes a acudir ao evento con roupas que axuden a caracterizar a xornada prehistórica.

O concerto de Neonymus, previsto para as 21.00h do vindeiro día 21 será o peche do Festival Laeros. Toda a información sobre a programación desta xornada que pon en valor a arte rupestre pódese consultar na páxina do concello de Campo Lameiro.

Pode que che interese...