fbpx
Cruceiro de Moldes en Ribeira / foto patrimoniogalego.net

Destrozan a caixa do varal dun cruceiro en Ribeira para levar unhas poucas moedas

Tempo de lectura: < 1 min.

O histórico cruceiro de Moldes, en Ribeira, foi asaltado nos pasados días. Sufriu danos na caixa metálica de donativos que ten no seu varal que quedou arrincada e tirada no chan, co conseguinte destrozo no propio corpo de pedra. Segundo semella, o obxectivo sería roubar a recadación que tivera nese momento, probablemente unhas poucas moedas.

O cruceiro era unha monumental peza do século XVI ou XVII, cunha excepcional feitura. Pertence á tipoloxía dos cruceiros de capela, propios das Rías Baixas. Este é o segundo roubo que en pouco máis de un mes sofren este tipo de cruceiros na comarca de Barbanza, xa que o pasado 24 de abril foi subtraída tamén a imaxe da Virxe, do século XVI, do Cruceiro Novo de Santo Isidoro de Posmarcos na Pobra do Caramiñal.

O roubo sorprende porque o lugar é unha zona bastante visitada, ó pé da estrada e moi preto dos miradoiros da Curota. O cruceiro está rodeado por unha cerca metálica e no lugar celébrase unha importante romaría en honra á Virxe de Belén. Ata o lugar desprazouse unha patrulla da policía local que só puido constatar os danos. A nova foi recollida hoxe na delegación de Barbanza de La Voz de Galicia.

Pode que che interese...