fbpx
Dolmen de Pedra da Arca en Vimianzo / foto Cándido Rico no grupo Dólmenes de Galicia

Estragan a coiraza dun dos dolmens máis importantes da Costa da Morte cunha plantación de millo

Tempo de lectura: < 1 min.

“De pouco vale declarar un monumento BIC, se non se establecen as correspondentes proteccións”. Con esta contundencia se expresaba un usuario do grupo Dólmenes de Galicia nas redes sociais ó mesmo tempo que denunciaba unha nova desfeita patrimonial, neste caso nun dos dolmens máis importantes da Costa da Morte.

Trátase do dolmen de Pedra da Arca, no Concello de Vimianzo, moi preto do encoro da Fervenza e do límite con Dumbría. O dolmen era un dos mellor conservados de Galicia e conta con tres grandes lousas de cuberta o que lle confire unha imaxe singular. A mámoa é aínda visible e como se pode comprobar coa desfeita aínda conservaba a súa coiraza de pedra.

Pois foi precisamente nesta coiraza, ou se cadra anel, onde se desenvolveron os danos. Pois a explotación que linda e ocupa parcialmente a mámoa procedeu á plantación de millo con maquinaria pesada sen ter en conta as zonas de protección arqueolóxica e, polo que se ve, tan sequera a propia mámoa.

Como se ve nas imaxes a coiraza foi parcialmente levantada deixando estragadas as pedras que conforman esta capa do monumento. O dolmen forma parte da Ruta dos Dolmens da Costa da Morte onde é unha das máis importantes e mellor conservadas do percorrido. No propio grupo sinalábase que xa se deu conta da desfeita ás autoridades.

Pode que che interese...