fbpx
Camiño de Inverno / foto Nick_HCCo

Documentan a veracidade do trazado do Camiño de Inverno cunha doazon de Alfonso IX do Tumbo da Catedral

Tempo de lectura: 2 min.

O chamado Camiño de Inverno, é cada vez máis unha alternativa tranquila a outras rutas máis masificadas. O nome ven do mito de que cando o inverno impedía ó acceso ó porto do Cebreiro os peregrinos, no canto de subir dende o Bierzo por Valcarce, baixaban por Valdeorras e a Ribeira Sacra ata Monforte, para despois continuar cara o noroeste a Santiago.

Durante moito tempo estivo en dúbida a veracidade da ruta. Mais agora a Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur no concello da Pobra do Brollón presentou a finais do mes de xuño, á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, un informe técnico con documentación que acreditaría o paso do camiño no tramo de Quiroga a Monforte de Lemos.

Ribeira Sacra / foto danirodriguezfotografiaCC0

O informe demostra con documentación medieval a existencia dun camiño comercial ligado ao viño. Este camiño estaría documentado, cando menos, dende o século XII e estaría relacionado coas adegas medievais de Vilachá. Dende a asociación defenden a existencia dun camiño medieval e un documento que liga directamente Rozavales co fenómeno Xacobeo.

Rozavales e Roncesvalles

Un dos argumentos documentados está na propia toponimia. Pois o estudo do nome e da historia da parroquia de Rozavales, en Monforte de Lemos, desenvolvido por Gonzalo Navaza, demostraría ter a mesma raíz que Roncesvalles. O topónimo sería imposto polo rei Alfonso IX, principal impulsor do Camiño, e estaría recollido no Tumbo da Catedral de Santiago.

Aparecería nunha doazón do rei á orde do Hospital de Roncesvalles, para dar auxilio e acollida aos peregrinos. Con el demostraríase a ligazón desta parroquia coa peregrinación medieval. Así, segundo isto, o Camiño de Inverno cruzaría a Ribeira Sacra “convertendo o lugar nun verdadeiro activo turístico-cultural”.

Camiño de Santiago en Galicia / foto larahcvCC0

Pode que che interese...