fbpx
Muralla de Lugo / foto Íñigo Mouzo Riobó

Un local de hostalería aproveitará os restos dos fornos romanos atopados en Lugo como reclamo

Tempo de lectura: < 1 min.

Contabámolo nos pasados días. Os arqueólogos atopaban na traseira do solar no 18 da rúa San Froilán de Lugo unha antiga industria oleira. Nela apareceron dous fornos en moi bo estado de conservación, que formarían parte dunha das poucas industrias deste tipo conservadas intramuros.

Agora cos traballos de escavación rematados e coa inminente construción no lugar o propietario, Manuel Francisco ,tomou a decisión de manter no lugar e musealizar o parte do xacemento integrándoo dentro do seu futuro restaurante nomeado Coto Real. O negocio, onde os clientes poderán divisar os fornos será, paradoxalmente, un asador. Recolle a nova La Voz de Galicia.

Pode que che interese...