fbpx
Obradoiro de Conxo corta das árbores

A Xunta corta finalmente as árbores do “Obradoiro de Conxo” coa complicidade do Concello e entre a indignación xeral

Tempo de lectura: 2 min.

Despois de moitas protestas, máis de 1.600 sinaturas e dunha gran oposición veciñal, o gran teixo centenario, xunto coas outras árbores dos xardíns que antecedían ó mosteiro de Conxo, desapareceron para sempre. E é que nos pasados días, e tal e como denunciaban os veciños, as dúas grandes coníferas e a maioría dos plátanos da praza foron cortados.

O suceso produciuse entre a maior das indignacións por parte dos veciños. Pois a Xunta, promotora do proxecto, inclumpliu as dúas grandes promesas feitas o pasado mes: non quitar as antigas árbores da praza ata ter plantado as novas e trasladar a maior parte delas a a outros lugares próximos. A realidade desmentiu ambas.

Mosteiro de Conxo / foto JCLamela CCByWikimedia

Incompatibles co proxecto

As árbores centenarias de Conxo non se retirarían ata ter plantadas as novas. Esta foi a  promesa que a Consellería de Infraestruturas fixo a finais do mes de xullo sobre a obra do chamado “Obradoiro de Conxo”. Dende a Xunta afirmábase que a praza seguirá a ter árbores e que as actuais e centenarias non se poderían manter por “cuestións de topografía”.

Afírmase que se retirarían por non ser compatibles co proxecto. Tamén se prometeu que algunhas delas serían trasladadas a outras localizacións próximas ó lugar onde se podería seguir desfrutando delas. Por último afirmábase tamén que o proxecto estaba a ser executado, como ocorre en todas as obras da cidade, coa aceptación do Concello.

Corta da menos das coníferas coa outra xa no chan / frames do momento recollido polos veciños

 

Un proxecto da Consellería de Infraestruturas coa complicidade do Concello

E é que o proxecto enmárcase dentro dun plan de actuación que se está a desenvolver neste momento para a mellora da entrada dos Camiños de Santiago na cidade de cara ó vindeiro Ano Santo. A obra que se está a executar xunto coa rúa de Concheiros e San Lázaro, foi anunciada en xullo de 2018 pola Conselleira Ethel Vázquez e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.

A obra, consistiría na redimensionalización dos diferentes espazos que antecedían ó mosteiro, daquela ocupado por unha antiga praza, aparcadoiro, e xardín histórico, daquela en diferentes niveis, co obxectivo de desenvolver unha praza unificada. O proxecto foi nomeado no seu momento por Ethel Vázquez como un “pequeno Obradoiro de Conxo”.

Obradoiro de Conxo sen árbores / foto Carmela García Soto

Pode que che interese...