fbpx
Vista área do xacemento arqueolóxico de San Tirso de Portocelo, en Xove / XdM

Descubrindo o misterio do mosteiro medieval que se construíu sobre un castro en San Tirso de Portocelo

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Xove informou que o 28 de setembro comezará unha cata no castro de Mechiluíde, na área arqueolóxica de San Tirso de Portocelo. Esta zona é dun dos xacementos máis interesantes da Mariña Lucense, dado que alberga unha ermida que foi construída sobre un mosteiro medieval, na área onde se ubicou á súa vez un asentamento castrexo.

O castro en cuestión está catalogado no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais (GA27025002) como unha fortificación da idade do ferro, datada entre os séculos V e I a. C.

A actuación terá lugar na parcela de titularidade municipal e consistirá nunha escavación en varias sondaxes de tres semanas de duración, así como varias datacións radiocarbónicas, que permitirán unha mellor definición cronolóxica do xacemento. Toda a información en Xornal da Mariña.

Pode que che interese...