fbpx
Marco V. García Quintena, catedrático de Historia Antiga e decano da Facultade de Xeografía e Historia / USC

Marco V. García Quintela, novo decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC

Tempo de lectura: < 1 min.

O profesor Marco V. García Quintela foi elixido este venres novo decano da Facultade de Xeografía e Historia, substituíndo no cargo a Francisco Durán. A candidatura de García Quintela colectou 30 votos a favor e 18 en branco. A sesión estivo precedida por un minuto de silencio a proposta do candidato en memoria do profesor de secundaria francés Samuel Paty.

Marco V. García Quintela, catedrático de Historia Antiga, subliñou a súa intención de “transformar a adversidade en oportunidade e redefinir o contrato social” da Facultade a partir de tres piares básicos, “a reforma dos graos , a renovación do cadro de persoal esixida pola pirámide de idade conformada polo seu profesorado, e o fomento da investigación entendéndoa como elemento clave da súa imaxe de marca”.

Completan o novo equipo decanal como vicedecanos Antonio Míguez Macho, para Asuntos Académicos; María José Piñeira Mantiñán, de Asuntos Económicos; e Carmen López Calderón, como secretaria.

Pode que che interese...