fbpx
Hórreo de Carnota / foto dkatanaCC0

Nova saúde do hórreo de Carnota tras a súa rehabilitación.

Tempo de lectura: < 1 min.

O terceiro hórreo máis longo de Galicia e un dos máis monumentais. O hórreo de Carnota é un dos monumentos máis excepcionais da Costa da Morte e agora volve a lucir, unha vez máis, como o primeiro día. Pois xa se atopan rematadas as obras da súa rehabilitación iniciadas en 2019.

E é que o visitado monumento da comarca de Muros comezou a rexistrar os primeiros desprendementos dos seu tellado no ano 2016. Parte da cuberta desprendeuse, chegando a temerse polo edificio. Caera unha gran parte da cuberta e o resto dela estaba a piques de caer tamén. Isto provocara derrubes puntuais nos muros e mesmo o movemento de pedras estruturais.

Isto é o que aclara ó xornal La Voz de Galicia, Ricardo Sáez Díaz, arquitecto encargado da súa recuperación. Segundo se relata, cando o seu equipo desembarcou en Carnota atopouse cun hórreo con problemas de consolidación e un importante deterioro. Porén en ningún momento seconsiderou unha restauración integral do edificio senón a súa consolidación.

As obras consistiron na desmontaxe da cuberta, de tella árabe e madeira de castiñeiro, foi preciso desarmar parte das paredes e recolocalas despois. Aínda que o obxectivo foi salvar todo o material posible o certo é que foi preciso substituír por completo as partes da teitume danada, tanto a armazón e tella. Optouse tamén por deixar sen tocar aquelas zonas que estaban menos deterioradas, á agarda de que un estudio completo permita desenvolver no futuro unha restauración completa.

Pode que che interese...