Vilagarcía dará nova vida ós petróglifos de Xiabre
Sacar á luz, protexer e poñer en valor os singulares petróglifos do monte Xiabre. Este é o obxectivo dunha campaña que levará a diante o Concello de Vilagarcía para co obxectivo devolverlle o seu máximo esplendor a este excepcional patrimonio arqueolóxico do Concello.
Os traballos, para os que se investirán algo máis de 18.000 €, consistirán na limpeza da contorna e a diagnose do esta do dos petróglifos, paso previo para avaliar posteriores accións de recuperación e posta en valor. A intervención será desenvolvida pola empresa Citania Arqueoloxía.
Trátase de determinar o estado deste recurso arqueolóxico que actualmente se atopa cuberto de maleza e que ten un acceso un acceso especialmente complicado debido á mesma. Con estes traballo, ademais de devolverlle o seu acceso servirá para determinar futuras actuacións, dalos a coñecer e integralos en roteiros naturais e históricos.
Así, o contrato adxudicado onte inclúe os traballos de limpeza e rozado da contorna para despexar e ter acceso ós petróglifos, a elaboración da diagnose do estado dos xacementos, o informe e memoria técnica, o desenvolvemento dunha fotogrametría dos mesmos e a dirección arqueolóxica.

Monte Xiabre dende o Lobeira / foto PavlemadridcommonsCCBy Wikimedia