fbpx
Domus do Mitreo / foto adomusdomitreo.com

Aperece unha importante domus romana baixo unha rúa de Lugo

Tempo de lectura: < 1 min.

A entrada da estancia dunha importante domus romana do século I. Este é o sensacional achado que ven de producirse nas obras de reurbanización da rúa Quiroga Ballesteros de Lugo. Trataríase dun muro de pedra e fragmentos de cerámica que estarían acompañado tamén dun sistema de calefacción empregado no mundo romano, o chamado hipocaustum.

Pola calidade dos restos pódese concluír debeu ser unha casa de especial importancia e, ademais os restos atópanse tamén en moi boas condicións. Trataríase de parte dunha gran domus que se continuaría baixo o Centro Social Uxío Novoneyra, e da que xa se foron atopando restos durante as obras de urbanización da rúa.

Quiroga Valle Lugo / foto Concello de Lugo

O achado pode ser un excepcional descubrimento para avanzar na comprensión histórica da cidade, pois podería dar unha nova perspectiva sobre esta zona da cidade. Por isto agárdase que no futuro se poda desenvolver unha escavación importante nesta zona, baixo os soportais do centro social e o mercado municipal.

Porén, polo de agora continuarase coa reurbanización da rúa protexéndose os restos atopados con lámina xeotéxtil, cubríndose despois con area. Os fragmentos de cerámica serán levados ó Museo Provincial. Tal e como se afirmaba dende Fortes & Hervés que desenvolve os traballos, é posible que esta construción non teña nada que envidiar á domus do Mitreo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: