O mesmo estudo das intervencións de Subidá e Toiriz está a rehabilitar cun novo “look” a Ponte de Furelos, no Camiño de Santiago
Nos pasados días a polémica polas intervencións nos castros de Subidá, Alobre e Toiriz tomou un novo rumbo cando, tras a presentación dos traballos, o estudo de AGI arquitectos facía referencia nas súas redes sociais á intervención. Unha avalancha de críticas caía sobre o estudo que deseñara as intervencións contratadas por Patrimonio Inteligente e financiadas polo Ministerio de Fomento.
Mais de un cento de veces compartido e outros tantos comentarios negativos pedíanlle ó estudo que non interviran máis castros. AGI arquitectos é un estudo internacional con sedes en Madrid e Kuwait que naceu ó abeiro dun mestrado de arquitectura da Universidade de Deseño de Harvard. Entre as súas obras atópanse proxectos como o Museo del Ferrocarril de Madrid ou a intervención no xacemento da Arrixaca en Murcia.
Mais a destes tres castros non é a única rehabilitación do estudo en Galicia. Pois o pasado mes de decembro o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana adxudicou o deseño da rehabilitación dunha ponte medieval a esta empresa. Trátase da ponte medieval de Furelos ás portas do centro urbano de Melide, unha infraestrutura do século XII, situada no Camiño Francés. Unha intervención que conta cun investimento de 213.687 euros.
Recuperar o firme e arranxar as patoloxías
O obxectivo da obra é a rehabilitación e posta en valor da ponte que, sen ter grandes danos estruturais, si precisa dende vai tempo unha intervención. Trataríase da reparación de patoloxías non estruturais, e a repavimentación da súa superficie, a máis a súa limpeza. Tamén o acondicionamento na contorna dun miradoiro con vistas á ponte, que servirá para o descanso do peregrino. As obras deberían estar rematadas a finais do vindeiro mes ou comezos de xuño.
A pesares de non ter problemas estruturais que fixeran temer pola súa estabilidade a ponte presenta algúns problemas importantes. Como danos no arco principal, desprendementos puntuais e mesmo unha doela que podería estar a piques de caer. Na plementería e nos alicerces de granito poden atoparse fendas e pedras movidas, faltando tamén algúns perpiaños nos tallamares. A obra enfocarase a reparar estes danos así como a recuperar o firme orixinal da estrutura.
Un novo “look” que recolle a escala do tránsito
No proxecto recollido no propia páxina web do estudio de arquitectura afírmase que a obra se desenvolverá “a partir dunha perspectiva arquitectónica intimamente ligada e as persoas de Melide e a paisaxe que é propia para preservar” “e de acordo cunha coidadosa restitución da memoria”. O proxecto “incorpora certas formas de ver e sentirse ligadas ós ritmos e relacións de arquitectura, corpo e lugar”, como se afirma.
Así, o proxecto daralle unha gran importante ó propio tránsito pola ponte, marcando no pavimento tallamares ou claves en el terán un papel destacado tamén as propias persepectivas sobre a ponte. Entre elas un miradoiro no que, segundo se desprende do proxecto e do mesmo xeito que no castro de Subidá, situarase tamén un novo “look”.