fbpx
Imaxe do mosteiro de Lobás e a súa contorna / Hispania Nostra

Lobás, un mosteiro do século XI en ruínas por promesas incumplidas

Tempo de lectura: 2 min.

Imaxe exterior dun muro do mosteiro de Lobás / ADEGA

A arquitectura románica foi de gran importancia en Galicia durante os séculos XI e XII, pasaron xa máis de 500 anos e moitas das edificacións seguen en pé. Pero o paso do tempo pasa factura e máis cando non hai accións de conservación por parte das institucións.

Este é o caso do mosteiro de Lobás na localidade de Mosteiro, comarca de O Carballiño. Este exemplo do románico galego foi un antigo mosteiro feminino de orde benedictina que se mantivo activo dende o século XI ata o XIII. As monxas que vivían nesta edificación dependían do mosteiro de San Paio de Antealtares, que se atopa na comarca de Santiago de Compostela.

Este pequeno mosteiro benedictino conta cunha igrexa no seu interior, que conta cunha soa nave e un ábside rectangular. Ademais a escasos metros atópase o xacemento milenario do castro de Coto do Mosteiro.

O seu abandono foi progresivo e xa no ano 1988 a Xunta de Galicia anunciou o desexo de recuperar o antigo mosteiro e restaurar a igrexa. Como se pode observar nas fotografías cedidas a este medio, esa restauración quedou moi lonxe.

Abandono

As antigas instalacións benedictinas seguiron perdendo o seu esplendor e no ano 2010, como recolle La Región, o Concello de O Carballiño xa se comprometera e plantexara un orzamento para a súa recuperación. Mais outra vez, este tesouro románico non foi obxecto de ningunha mellora.

No 2018, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou o moste cun técnico que avaliou as necesidades do mosteiro. Na visita tamén estivo presente o portavoz do PP do Carballiño, Argimiro Marnotes, que afirmou que o conselleiro se comprometera a estudar as “posibles accións a desenvolver para iniciar o proceso de recuperación, como recolle esta nova de La Voz de Galicia.

Imaxe do interior ruinoso do mosteiro de Lobás / ADEGA

Entón, chegamos o ano 2020, e o 6 de marzo o mosteiro de Lobás é incluido na lista vermella de patrimonio pola organización Hispania Nostra. A edificación atópase totalmente en ruinas, nun estado de conservación pésimo. Desplome dos muros e das cubertas, e invasión da vexetación, como tamén aleta ADEGA, son os grandes problemas do mosteiro. Pola súa parte, a igrexa mantense nun mellor estado debido a celebración de actos relixiosos no seu interior, aínda que tamén precisa dunha restauración principalmente debido ás humidades.

Non se prevén accións para a restauración destas instalacións no vindeiro ano e o edificio seguirá outro ano en condicións ruinosas. Os veciños, que se asociaron baixo o nome Orde dos Cabaleiros do Mosteiro, non poden facer nada. A supervivencia do mosteiro depende unicamente das institución públicas.

Pode que che interese...