fbpx
Imaxe do exterior do Convento de As Donas de Betanzos / Concello de Betanzos

O Mosteiro das Donas de dona Urraca, na lista vermella por risco de derruba, será restaurado

Tempo de lectura: 2 min.

A edificación máis antiga de Betanzos por fin recibe o que merece. A Deputación de A Coruña e o Concello de Betanzos reconstruirán o convento de As Donas que se atopa abandoado na actualidade. O edificio data do século XI, foi convento dende o ano 1145 ata que a desamortización na primeira metade do século XIX que levou ao seu peche. Dende entón, este convento histórico, do que foi propietaria a poderosa Dona Urraca, sufriu un proceso de abandono.

A alcaldesa de Betanzos define este proxecto como un intento de “devolverlle a vida devolverlle vida a unha peza singular, o dereito a ser usado e entendido como espazo público de uso”. O obxectivo da reconstrución é “recuperar o patrimonio para o uso da veciñanza” dun edificio que se atopa na lista vermella do patrimonio dende 2018. Para isto, contruiranse dúas salas de uso múltiple. O convento, que pasará a ser un centro sociocultural, acollerá actividades de lecer, estudo e exposicións entre outras.

As actuacións de reconstrución foron aduxicadas a Prace Servicios y Obras y Emergis Construcción SL., como indica La Voz. A empresa rehabilitará o corpo principal como un espazo único, cunha única pranta. Conservarase todo elemento que sexa recoñecible do convento mais eliminaranse os “aditamentos que co tempo se lle foron engadindo sen criterio e que se atopan ademais en ruína”, como indican dende o Concello.

Asimesmo, recuperarase o valor do patio: un espazo de encontro que tamén sirva de tránsito aos distintos corpos do convento. O patio será precedido por unha antesala de chegada onde se localizarán os servizos, instalacións, armarios ou futuros paneis informativos. Todo o conxunto será delimitado polo actual muro e por un peche acristalado.

Melloras tamén no Castelo de Pena

A Xunta de Galicia iniciou unha campaña de conservación, excavación e acondicionamento do Castelo de Pena en Xinzo de Limia. Durante nove meses a muralla exterior do Castelo, unha das zonas menos visibles, será o obxecto de limpeza debido a gran cantidade de vexetación que a cubre.

Ademais tamén se levarán a cabo traballos de excavación, especialmente no torreón que se atopa a carón da torre da homenaxe. Esta torre contará cun código QR que conterá un vídeo que permita recorrer a torre. O obxectivo que se propón a Xunta rematar estas accións no verán.

Pode que che interese...