fbpx
Rita Ámparo López Jean / Consello da Cultura Galega

Ámparo López Jean, unha defensora do Partido Galeguista perseguida por Franco e Hitler

Tempo de lectura: < 1 min.

O partido galeguista foi unha referencia para a xuntanza dos maiores ilustres galegos da década dos 30. Castelao, Alexandre Bóveda, Vicente Risco ou Álvaro Cunqueiro son algúns dos nomes máis relevantes do partido ao que, no ano 1936, se uniu Ámparo López Jean converténdose na primeira muller militante en A Coruña. 

Ámparo nace en Vilaboa no 1885, estuda maxisterio e casaría co xornalista e político republicano César Alvajar despois do nacemento dos seus cinco fillos. No 1936, convértese en vogal do Comité local do Partido Galeguista en A Coruña, aínda que xa era unha persoa activa politicamente. Dende 1933 formou parte da Agrupación Republicana Femenina onde sería secretaria e, máis tarde, presidenta.

Como recolle a web “A Coruña das mulleres“, esta agrupación organizou numerosas conferencias, cursos, excursións didácticas, ademais de implicarse activamente nas campañas políticas. A agrupación tiña, entre outros, os obxectivos de contribuír á xustiza social, defender os dereitos das mulleres e impulsar a cultura.

Co estoupido da Guerra Civil, Ámparo e súa familia consiguen fuxir ata chegar a Barcelona. Alí sería a secretaria xeral de Grupo Mulleres Galeguistas e vogal no Comité Executivo do Partido Galeguista presidido por Ramón Suárez Picallo.

As tropas franquistas entran en Barcelona e Ámparo ten que fuxir para Francia. En Francia tamén ten que escapar dos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Establecerase en Montauban, onde morrerá o 12 de novembro de 1942.

Pode que che interese...