fbpx
Torre de Sande /Hispania Nostra

A torre de Sande, o abandono dunha fortaleza contra a que batallaron Irmandiños e portugueses

Tempo de lectura: < 1 min.

O patrimonio galego é moi estenso, pero en moitas ocasións atópanse en situación de abandono, incluso cando está protexido pola Lei de Patrimonio Histórica dende 1949 e declarado Interese Turístico Nacional, como é o caso da Torre de Sande.

Esta edificación atópase sobre unha pena granítica a 506 metros de altura entre os ríos Arnoia e Miño, onde se pode dominar visualmente un territorio moi amplo. Como recolle a web Galicia Máxica, a torre pertence na actualidade a mans privadas que aínda non acordaron a cesión do edificio para que se poda levar a cabo a súa conservación.

A Torre de Sande formou parte dunha fortaleza medieval usada para a vixilencia e defensa desas terras. A altura do lugar é idónea. Aínda que descoñecemos a súa orixe, a fortaleza serviu para frear os ataques portugueses cando o país veciño procurou espadir as súas fronteiras ata o Baixo Miño. Portugal non, mais os Irmandiños si foron quen de dominar a fortaleza, producindo enormes estragos nela. Logo foi reconstruida e no século XIX sería abandonada.

O 12 de maio do pasado ano foi incluido na Lista Vermella de Patrimonio que elabora Hispania Nostra. Esta asociación destaca o mal estado de conservación da torre que, aínda que parte dos seus muros mantense en pé, poden distinguirse varias gretas.

Pode que che interese...