fbpx
Taboleiro no banco da fonte de Santa Clara / Colectivo A Rula

Os taboleiros públicos: a moda do xogo en Compostela durante o Barroco

Tempo de lectura: < 1 min.

Compostela agocha miles de segredos nas súas rúas. O barroco, unha das épocas de máximo esplendor da capital galega, deixou moitos legados a nivel artístico. Se nos situamos na Praza do Obradoiro e levantamos a cabeza observaremos a fachada barroca da Catedral, mais, se miramos cara ao chan, diferenciamos noves ocos pequenos nalgunha das pedras.

Estes noves ocos son taboleiros públicos para xogar ao pai, nai, fillo (tres en raia). Nas rúas do Casco Vello de Santiago podemos atopar máis de 200 unidades que, a día de hoxe, pasan desapercibidas pola maioría dos cidadáns. Podemos atopalos en lugares como a bancada da Praza do Obradoiro, na Torre da Berenguela, na balconada da Casa do Cabildo,… Todas estas pezas foron documentados polo Colectivo A Rula.

A maioria dos taboleiros atópanse en lugares públicos. Parte dos exemplares débense a romarías e festas populares, mais unha parte importante ten como causa a pobreza e a desigualdade que sufría a poboación compostelá. Os taboleiros que se atopan fronte os templos revelan a existencia de colas para pedir esmola. Máis información en: El Periódico de España.

Pode que che interese...