fbpx
Asasino perpretando un asasinato / http://www.murderbygaslight.com

Cando “O coxo do Rulo” decapitou e abriu en canle a dous homes e unha muller

Tempo de lectura: 2 min.

Na noite do dous de xaneiro de 1927, o sereo que vixiaba a zona do Asilo de Ribadeo estaba a facer a súa quenda de traballo cando escoitou uns queixumes que proviñan daquel edificio que rexentaban as Irmás da Caridade. Pensou que eran a causa das dores dos internos enfermos, mais eran os berros, as suplicas das tres vítimas mortais do “Coxo do Rulo”. Este feito consternou a toda Galicia e converteuse nunha das matanzas máis sanguentas da historia da vila.

O sereo achegouse ao Asilo para avisar as monxas dos queixumes dos seus internos, mais cando entrou no edificio xunto con outro vixiante atopou a José Soto, “O Coxo do Rulo” en panos menores e cuberto de sangue. Nada máis encontrarse, “O Coxo do Rulo” confesou os seus crimes, o asasinato de tres dos seus compañeiros.

Unha delas, Manuela Vila López, foi atopada practicamente decapitada, como comenta o blogue Historia de la Crónica Negra. O asañamento contra as vítimas foi tal que os tres cadáveres aparecen nun estado terrorífico. Ángel Franco, ex mariñeiro e outra das vítimas, foi aberto en canle e o asasino chegou a retorcerlle o corazón e a recoller a sangue nun vaso que deixou na mesa de noite da vítima.

O AUTOR DO CRIME

José Soto, “O Coxo do Rulo”, tiña 50 anos e participara Guerra de Cuba, pola que quedara coxo. Ademais, detectáraselle unha úlcera cancerosa que lle permitiu ser admitido no asilo. Xusto antes traballara no servicio de limpeza do Concello, mais fora despedido pola súa actitude hóstil contra os seus compañeiros.

Tras o crime, José Soto, confesou que tiña o desexo de suicidarse mais que non tiña o valor. Aínda así, xa en prisión collería un cristal e cortaríase as veas. Foi atendido por un médico que lle salvou a vida para ser, supostamente, enviado a un psiquiátrico penintenciario, segundo apunta Historia de la Crónica Negra.

Pode que che interese...