fbpx
Mergullo na campaña do galeón San Francisco, na ría de Ribadeo / foto Miguel San Claudio Xornal da Mariña FORSEADISCOVERY

Ribadeo será un dos lugares pioneiros da arqueoloxía subacuática galega

Tempo de lectura: < 1 min.

Galicia ten ó redor da cuarta parte de toda a costa de toda España peninsular e unha historia da navegación especialmente rica. Porén, aínda que en Galicia houbo importantes iniciativas de arqueoloxía subacuática, resta bastante para achegarnos ó nivel de outras rexións mesmo de España nesta modalidade arqueolóxica. Mais non é polo esforzo que fan os nosos profesionais e, nalgúns casos, as nosa institucións. Un destes casos é o da ría de Ribadeo, na que hoxe se comezou a unha das máis importantes escavacións dun galeón afundido de Galicia.

Como relata o Xornal da Mariña, será esta a  primeira cata científica dun buque español de guerra do século XVI. A prospección estará dirixida por Miguel San Claudio, un arqueólogo que ten décadas de experiencia na arqueoloxía submarina. O arqueólogo explica ó Xornal que nunca se investigou un buque destas características, pois algunhas embarcacións da súa tipoloxía permanecen sen analizar ou foron esquilmadas por cazatesouros. A cata permitirá realizar un estudo xeral do interior do barco, ver como conserva a súa estrutura e recuperar pezas. A intervención está financiada pola Xunta de Galicia e participarán o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o proxecto europeo ForSeaDiscovery.

 

Pode que che interese...